O acto pecha o programa de actividades de educación viaria da policia local

Cincocentos estudantes participan na VI Gala pola Seguridade Viaria en Santiago

Un momento da gala organizada no Auditorio de Galicia en Santiago o pasado 8 de maio

Máis de cincocentos estudantes santiagueses de 4º de Primaria pecharon, coa  VI Gala pola Seguridade Viaria, o programa de actividades de educación viaria organizado pola Policía Local de Compostela. Nunha festa na que ademais se fixo entrega dos premios do concurso de debeuxo e que forma parte desta iniciativa municipal.

Unha serie de actividades con charlas teóricas e prácticas na vía pública que teñen como obxectivo formentar entre os escolares da cidade a importancia da seguridade viaria, e para que actúen correctamente como peóns ou ciclistas, e nun futuro sexan conductores responsables.

A rapazada asistiu ao espectáculo teatral da compañía Gazafellos, no que tamén participaron os axentes da policía local que lle proporcionaron á representación a conexión coas nocións de seguridade viaria que impartiron ao alumnado durante este curso. Tras a representación, nun Auditorio de Galicia cheo, fíxose entrega dos premios do concurso de debuxo, no que foron premiadas as autoras e os autores, cunha bicicleta e un casco, de tres ilustracións elixidas por un xurado e dunha cuarta a través das redes sociais.

Os representantes da corporación municipal e o alumnado asistente á gala

Tamén, aproveitando a celebración da gala, realizouse unha homenaxe a Carlos González Rendo, policía local do departamento de Educación Viaria que participou por última vez no programa por mor da súa xubilación. O axente recibiu o recoñecemento da rapazada e agasallos de todos os centros educativos que participan no progroma.

"Formar aos nenos e nenas é a mellor forma de garantir que teñamos no futuro unha cidade máis amable", indicou ao peche da gala o concelleiro de Mobilidade de Santiago, Xan Duro, que lle pediu á rapazada que "difundandes todo o que aprendestes da man da Policía Local neste programa entre as vosas familias e as vosas amizades, para construír entre todos unha sociedade máis respectuosa e más segura", concluiu o concelleiro que estivo acompañado pola alcaldesa Goretti Sanmartín e varios representantes de toda a corporación municipal.