Conta cun lavadoiro, unha torre de ferramentas e accesorios, bomba de aire e cun módulo aparca bicis

Noia ultima os detalles para a apertura dunha estación urbana para bicicletas

A concelleira de Deportes visitando as obras de instalación

A concelleira de Deportes de Noia, Laura Salgado, visitou as obras de instalación dunha estación urbana BiciCleanner e Urbanfix para os ciclistas do municipio. Un autoservizo que permitirá atender ás súas necesidades, e que conta cun sistema antivandálico, lavadoiro para bicis, accesorios para limpeza, unha torre de reparación con variedade de ferramentas e unha bomba de aire. Ademais, instalarase un módulo aparca bicis.

Segundo indicou a responsable do deportamento de Deportes, unha vez rematados algúns detalles, nos vindeiros días se procedera a súa inauguración e apertura.