animais. Máis dun milleiro de persoas xuntáronse na carpa da poxa para ver os animais que saíron a venda, e foron varios os gandeiros que mercaron os animais. En total, o prezo das 17 xovencas acadou os 67.850 euros, dos calles 11.500 pagáronse polas tres vacas rubias galegas e 56.350 polas catorce frisoas.







A alcaldesa, Chus Novo, e a conselleira de Medio Rural, presidiron unha poxa que estivo coordinada por Acruga, no caso das vacas rubias, e por Africor, no caso das frisoas. As tres novillas de raza galega vendéronse por 3.600 euros (dúas delas) e os 4.300 que se pagaron pola máis cara.
A subasta de xovencas frisoas estivo máis disputada entre algúns dos gandeiros que acudiron a Magreco para mellorar as súas explotacións con vacas de calidade certificada. Os catorce exemplares que saíron a venda acadaron os 56.350 euros. Unha das vacas, xa parida, que querían levarse varios gandeiros acadou un prezo de 4.800 euros. A xovenca máis barata vendeuse en 3.500 euros. Todos os exemplares tiñan un prezo mínimo de saída de 3.000 euros. Este ano, tres mulleres participaron na presentación das vacas durante a poxa.
Ao rematar a poxa, procedeuse ao sorteo entre os asistentes de dous cheques regalo de 200 euros cada un para gastar en Aira e en Botica do Campo, así como o de dous lotes de produtos doados polos expositores do mercado tradicional. Chus Novo e Ángeles Vázquez entregáronlle os regalos aos afortunados.
Ao rematar a poxa, alcaldesa, conselleira e membros do goberno local estrearon o banco de madeira que está franqueado por unha peregrina e un moucho. As dúas pezas foron elaboradas por Eugenio Liñares, que durante toda a fin de semana estivo tallando as dúas figuras con motoserra.
Chus Novo explicoulle á conselleira que este banco vaise colocar na carballeira de Vilanova, preto do Concello, pola que pasa o Camiño do Norte a Santiago, para que os peregrinos poidan facerse fotografías nel e, deste xeito, promocionar Boimorto por todo o mundo.
Ademais da poxa de xovencas, a exposición de maquinaria agrícola, forestal e de xardín foi outro dos atractivos de Magreco. Durante a fin de semana milleiros de persoas achegáronse ata Boimorto para ver as últimas novidades en tractores e maquinaria de todo tipo. Os preto de 40 expositores que participan nesta edición de Magreco tiveron a súa disposición máis de 15.000 metros cadrados para amosar as últimas tendencias en maquinaria para o campo.
Un nutrido grupo de nenos e nenas participaron pola tarde no obradoiro infantil no que fixeron a súa propia granxa de madeira, antes xogar nos inchables, que o Concello montou no patio do colexio, e no circuíto de tractores a pedais no que a cativada gozou durante toda a fin de semana.


