PUBLICIDADE

A veciñanza de Melide únese contra o xenocidio en Palestina

https://cronicasdacomarca.com/wp-content/uploads/2024/09/cropped-C-ico.png

Un grupo de veciñas e veciños de Melide reuníronse hai uns días para expresar a súa firmeza na loita para que se deteña o xenocidio en Palestina e que se acade unha paz xusta.

O colectivo quere poñer en marcha unha iniciativa que consista nunha cadea humana “dende Melide ata Gaza e dende o río Furelos ata o río Xordan”.

PUBLICIDADE

Nesta xuntanza os integrantes deste movemento decidiron unirse á convocatoria da Xornada Estatal pola Paz e o fin do Xenocidio que proposta por pararlaguerra.es que se celebrará o sábado 12 de xullo ás 11h da mañá. Ese día e a esa hora está convocada a veciñanza para realizar unha concentración solidaria, familiar e pacífica de media hora no cantón de San Roque.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.