O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, mantivo un encontro de traballo co alcalde de Friol, José Ángel Santos. Na reunión, á que tamén asistiu o director xeral de Xustiza, José Tronchoni, abordáronse as necesidades deste municipio para avaliar posibles vías de colaboración desde a Xunta que contribúan á execución dos proxectos municipais no marco do compromiso do Goberno galego coas entidades locais.
Diego Calvo mantén unha xuntanza co alcalde de Friol
