PUBLICIDADE
Acto celebrado onte na praza do Convento de Melide con motivo do 8M

O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, participou hoxe, xunto con outros membros do equipo de Goberno, nos actos organizados con motivo do ‘??. ????? ???????? ?? ??????’.

Ao longo da mañá houbo un posto de divulgación na Praza do Concello e ás 12:00 horas tivo lugar a lectura do manifesto polo 8M a cargo das concelleiras Carmen Liñeira e Ana Mosteiro.

PUBLICIDADE

Expuxeron que o Concello de Melide súmase, como cada 8M, “á reivindicación e á loita polos dereitos das mulleres, sen distinción de orixe, idade, orientación sexual, discapacidade ou calquera outra condición”.

“Rexeitamos todas as desigualdades e discriminacións que sofren as mulleres en todos os ámbitos e dun xeito estrutural só polo feito de ser mulleres”.
Destacaron, así mesmo, que a igualdade “é unha débeda que temos como sociedade, polo que facemos un chamamento a todas as administracións públicas, á sociedade civil, e tamén ó sector privado para que –xuntos e coordinados- sigamos traballando cada día nesta loita por acadar unha sociedade na que a igualdade deixe de ser unha utopía e se convirta nunha realidade”.

“Porque cando unha muller avanza, ningún home retrocede. Cando una muller avanza todas dan un paso o fronte e medramos como sociedade”.
As actividades seguen o día 12 cunha charla sobre os dereitos e as demandas das mulleres.

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.