PUBLICIDADE

O I Foro de Liderado da Costa da Morte ‘Alza Voz de Muller’ incluirá unha Feira de Emprendedoras

O Foro 'Alza Voz de Muller' que se celebrará en Vimianzo contará cunha Feira de EmprendedorasO Foro 'Alza Voz de Muller' que se celebrará en Vimianzo contará cunha Feira de Emprendedoras

Todas aquelas mulleres que queiran participar co seu posto poden escribir a comunicacion@alzavozdemuller.com. A iniciativa trata de dar visibilidade ao emprendemento feminino.

O I Foro de Liderado Feminino no Rural da Costa da Morte “Alza  Voz de Muller” contará cunha feira de emprendedoras. Será un espazo no que as mulleres poderán vender e dar a coñecer os seus produtos e/ou servizos. Para iso habilitarase a Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Vimianzo que é o lugar no que se vai celebrar este encontro os días 6 e 7 de xuño. Esta iniciativa súmase ás relatoras de primeiro nivel e ás experiencias en primeira persoa coas que se vai contar no evento.

Dende a organización destácase que os postos serán limitados, polo que para participar na Feira de Emprendedoras será necesario poñerse en contacto coa organización a través do enderezo electrónico comunicacion@alzavozdemuller.com

PUBLICIDADE

Por outra banda, hai que lembrar que o I Foro de Liderado Feminino no Rural da Costa da Morte “Alza Voz de Muller” celébrase os días 6 e 7 de xuño en Vimianzo e está organizado polo Concello coa colaboración da Deputación da Coruña. 

Este é un evento pioneiro na zona e “propio das cidades” que nace co obxectivo de reflexionar, aprender, inspirar e impulsar novas formas de liderar, emprender e desenvolver as traxectorias profesionais das mulleres.

Ademais de relatorios de primeiro nivel, nos que participarán María Fornet, Yolanda Domínguez, Obdulia Taboadela, Laura Sagnier, Carmen Lence, entre outras; e de mesas redondas con experiencias en primeira persoa; este foro inclúe outras actividades paralelas como actuacións musicais, un cóctel de traballo e a propia feira de emprendedoras. 

As entradas para asistir están dispoñibles na páxina web do evento: alzavozdemuller.com

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.