O Concello de Monterroso está a avanzar no Plan de mellora das infraestructuras rurais en varios puntos do municipio coa axuda das distintas administracións. Neste caso a actuación está financiada polo Plan de Cooperación cos Concellos e supón un investimento de máis de 40.000 euros.
O alcalde, Eloy Pérez, acompañado polo equipo de Goberno, desprazouse ata a zona de San Lourenzo e Vilanova onde se veñen de mellorar os camiños municipais, que se atopaban moi deteriorados.
O rexedor avanza que “próximamente iniciarase a licitación para o arranxo e mellora de máis vías rurais en distintos puntos do Concello de Monterroso”.



