PUBLICIDADE

Presentes é a nova comunidade que conta xa con máis de 2.000 expertas de todos os sectores, que busca crear un espazo aberto e participativo e ofrecer referencias en eidos que van desde a investigación e a ciencia ata o medio rural ou a cultura

A Comunidade xa conta cunha plataforma que reúne as mulleres profesionais e expertas en diferentes sectores galegos da sociedade: Presentes. Unha iniciativa que pretende crear conciencia e poñer en valor o traballo das mulleres nas diferentes esferas laborais, que está destinada a eliminar as barreiras que aínda dificultan que as mulleres ocupen estes espazos de coñecemento, aumentar a visibilidade das profesionais e facilitar o seu contacto para que se lle recoñeza a súa experiencia e traxectoria e formen parte da conversa pública.

A plataforma Presentes púxose en marcha en Galicia con motivo do 8M, Día Internacional das Mulleres, no que se realizou un acto para dar a coñecer esta ferramenta, baixo o nome de Presentes, que reúne o talento feminino de Galicia.

PUBLICIDADE

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, presentou esta ferramenta e subliñou que o se pretende é “darlle visibilidade a expertas de todas as áreas para que protagonicen o espazo público”. Neste sentido, destacou que “Presentes xa conta coa participación de 2.000 expertas de todos os sectores, con diversidade de traxectorias, polo que quixo agradecer a todas as participantes por dar ese paso adiante e ser referentes, estar presentes.

O obxectivo desta comunidade é crear un espazo aberto e participativo e ofrecer espellos nos que mirarse en ámbitos que van desde a investigación e a ciencia ata o medio rural e a cultura, axudando a demostrar que o xénero nunca pode ser un impedimento”.

Apoio de 100 entidades

Este proxecto, que contou co apoio de máis de 100 entidades para a identificación de perfís, busca sentar os precedentes para seguir sensibilizando a sociedade, especialmente nas xeracións máis novas. O presidente Alfonso Rueda lembrou que “un día como este tamén é Galicia Calidade” porque esta marca “constrúese con moitísimas cousas e é, sobre todo, a sociedade que queiramos facer entre todos”.

Campaña Presentes

Para acadar a igualdade de xénero é importante contar con referentes femininos visibles. Con este gaio, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, decidiu transformar o compro-miso institucional en ferramentas concretas, creando unha gran plataforma pública de consulta a disposición da sociedade na que atopar mulleres referentes de todos os sectores profesionais, co obxectivo de facilitar que as entidades dos distintos actos e publicacións poidan contactalas e favorecer a súa participación en eventos, publicacións e espazos de coñecemento.

Deste xeito, pretendese paliar a falta de visibilidade e promover unha maior presenza de talento feminino nos altofalantes, tanto públicos como privados. Segue a haber casos nos que a escasa presenza feminina nestes espazos non responde só á desigualdade existente, senón tamén ao descoñecemento e á falta de visibilidade das mulleres profesionais.

Creación de base de datos de mulleres profesionais

A resposta superou as expectativas e en tan só un mes rexistráronse preto de 2.000 inscricións de mulleres profesionais interesadas en participar activamente nos espazos de comunicación públicos e privados como referentes profesionais.

Mulleres protagonistas que representan ás galegas

As protagonistas da campaña, en representación de todas as mulleres profesionais de Galicia, foron: Emma Lustres, fundadora de Vaca Films; María Montalvo, vicepresidenta de Freire Hermanos (Grupo MEGASA) e presidenta de UNICEF Galicia; así como Carlota Pereiro, artista e deseñadora para o Museo Thyssen, Alba Meijide, experta en IA e responsable desa materia en Telefónica (zona Norte); María Saco, bombeira forestal e emprendedora do proxecto forestal Xestanatur (Axuda EMEGA 2024) e Ana Paúl, directora de innovación no Centro de Automoción de Galicia (CTAG).

Páxinas web presentes.gal

La web presentes.gal ten como obxectivo ser unha comunidade dixital de mulleres profesionais galegas (ou residentes en Galicia e que exercen aquí a súa profesión) que teñen interese en participar como poñentes, relatoras ou especialistas nos seus respectivos eidos de traballo. A súa funcionalidade principal é promover que as mu-lleres accedan e participen de forma activa e igualitaria en todos os espazos; sexan públicos, privados, académicos ou sociais.

29 millóns de eiros para a promoción da igualdade

En Galicia, o impulso da igualdade constitúe unha prioridade das políticas públicas. Para avanzar neste compromiso, no ano 2026 a Xunta de Galicia presentou unha partida orzamentaria récord destinada á promoción da igualdade, cun investimento próximo aos 29 M€ (un 2,1% máis que no 2025) orientado a reforzar proxectos que promoven a igualdade de oportunidades, o liderado feminino e o desenvolvemento económico e profesional das mulleres.

Neste marco, a Xunta impulsa un conxunto amplo de medidas dirixidas a apoiar ás mulleres nos ámbitos do emprendemento e do liderado feminino, o fortalecemento do asociacionismo, a atención ás mulleres en situación de especial vulnerabilidade e o fomento da conciliación da vida persoal, familiar e laboral, a través de programas específicos de corresponsabilidade.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.