As obras dotarán ao camiño dunha capa de rodadura adecuada ao seu uso.
O Concello de Monterroso leva a cabo as obras de mellora do camiño de acceso ao núcleo de Esporiz. O alcalde, Eloy Pérez, acompañado polos concelleiros Jessica Rodríguez e Balbino Martínez, visitaron a zona onde se van acometer os traballos.
A actuación vai consistir en dotar a ese camiño dunha capa de rodadura adecuada ao seu uso e á súa función e que evite a continua presenza de fochas que dificultan a circulación con seguridade.
A obra, que conta cun orzamentos de 16.015,69 euros, vai ser financiada con cargo ao Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024. A duración dos traballos será de un mes.