PUBLICIDADE
O XII Rali Terras do Incio de Vehículos Clásicos, organizado polos Concellos do Incio e Sober, deu hoxe o seu pistoletazo de saídaO XII Rali Terras do Incio de Vehículos Clásicos, organizado polos Concellos do Incio e Sober, deu hoxe o seu pistoletazo de saída

O Rali Turístico do Incio partiu hoxe coa participación de máis dunha vintena de vehículos clásicos, nunha edición na que non se poderán exhibir estas xoias do motor na Praza do Obradoiro

O XII Rali Turístico Terras do Incio de Vehículos Clásicos, que unha vez máis percorrerá as máis recónditas paraxes das terras galegas, comeza hoxe mércores 18 xuño na Praza do Concello de Sober, na que os participantes, moitos deles repetidores, volven ao rali para apoiar o turismo de calidade e potenciar a economía local destes incomparables recunchos.

O Rali Turístico Terras do Incio, que remata o vindeiro 22 de xuño e organizan conxuntamente o Concello de Sober e o do Incio, é unha cita consolidada entre os amantes do motor clásico e xa é todo un referente no sector pola calidade dos seus roteiros, establecementos e aloxamentos, pero sobretodo polos seus vehículos.

PUBLICIDADE

Verdadeiras pezas de museo dos anos 1950 e posteriores, como Mercedes, Aston Martin, Masserati, Ferrari, Xaguar… Vehículos con historia que poderán contemplarse en diferentes puntos da xeografía galega, percorrerán dende hoxe terras galegas por etapas.

Mañá xoves a comarca do Incio será as protagonista do Rali Turístico cun paseo pola Ribeira Sacra, Cruz do Incio, Serra do Caurel e a visita ao Museo do Ferrocarril. O venres 20 de xuño o rali emprende camiño a Santiago de Compostela, atravesando pantanos e pontes de ferro, con parada no Museo do Peregrino e pola noite termina o percorrido no parador de Muxía na Costa da Morte.

Negativa do Goberno Municipal de Santiago

Desafortunadamente nesta ocasión os veciños e visitantes de Santiago non poderán gozar das xoias de catro rodas pola negativa do Goberno Municipal a autorizar a súa exhibición na Praza do Obradoiro, polo que tradicional exposición dos vehículos de anteriores edicións non se desenvolverá.

O XII Rali Terras do Incio de Vehículos Clásicos, organizado polos Concellos do Incio e Sober, deu hoxe o seu pistoletazo de saída

O sábado o Rali ten programada unha ruta pola Costa de Morte, o Faro de Vilan, Camariñas e Finisterra, con paradas e comidas para gozar a gastronomía e da cultura galegas. O domingo, o rali empeza cunha visita ao Museo MAHI en Arteixo e logo emprenderá rumbo a Ribadeo, onde todos gozarán de dous días con roteiros por casas indianas, capelas e máis, visita á Praia das Catedrais e á Fábrica de Sargadelos.

O Rali Turístico Terras do Incio é unha semana de goce para máis dunha vintena de vehículos clásicos percorrendo os roteiros menos transitados, con historia, cultura, boa comida e o agarimo da xente polos lugares polos que transitan.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.