As Anpas da Montaña e a Federación Provincial de Anpas de Lugo, FAPACEL realizaron de novo unha xuntanza no IES de Becerreá para protestar polos recortes no sistema educativo que están sufrindo nestes últimos tempos.
Xa non só se manifestan pola reducción das horas na materia de Francés, senon que tal e como contaban no seu manifesto “Aquí non se trata só de quitar unha optativa, trátase de quitar oportunidades, de afondar na desigualdade á que sempre estamos abocados por vivir onde queremos . Temos dereito a vivir eiquí”.