PUBLICIDADE
Publicidade

O PP de Vilalba aposta polo “contacto directo” cos veciños

PorCrónicas da Comarca

Domingo, 6 Febreiro 2022 ,
Vilalba Corbelle Vilalba Corbelle

Programan reunións polas parroquias para coñecer as demandas veciñais

O PP de Vilalba continúa mantendo o contacto directos cos vilalbeses e vilalbesas e, na súa rolda de reunións coas distintas entidades asociativas do municipio, achegouse a Corbelle para coñecer de preto os problemas, inquedanzas e necesidades dos seus veciños e veciñas.

“O Partido Popular de Vilalba está a carón dos veciños e, con esta reunión, damos continuidade ás xuntanzas coas distintas asociacións nas que escoitamos as súas propostas, analizamos asuntos de interese municipal e tamén informamos das distintas axudas das administracións públicas que lles poidan resultar de utilidade”, manifesta a presidenta da xestora e voceira do Grupo Municipal Popular, Sandra Vázquez.

PUBLICIDADE
Publicidade

Os populares aproveitaron a ocasión para coñecer de primeira man as melloras realizadas no local social da asociación de veciños de Corbelle tras obter unha subvención da Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, correspondente á convocatoria do 2021 de axudas para investimentos dirixidas a entidades de participación cidadá de Galicia.

A intervención incluíu a adecuación dunha cociña completa: cociña, forno, mobles, extractora, quentador e fregadeiro. Igualmente instaláronse caldeiras de pellets en dous locais, unha no piso superior e outra na planta baixa, para que a estancia dos veciños sexa cálida e adecuada cando realizan actividades. O orzamento ascendeu a 12.841 euros

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.