PUBLICIDADE

A Andaina solidaria pola Ataxia será o 27 de setembro en Camariñas

Camariñas sairá á rúa para celebrar unha Andaina solidaria pola Ataxia

O vindeiro sábado 27 de setembro a xente de Camariñas sairá á rúa para realizar unha andaina solidaria pola Ataxia, organizada por ‘Con Ataxia pero Sin Límites’ en colaboración co Concello coruñés. 

O roteiro comezará ás 12 horas do mediodía e este ano percorrerase unha nova ruta, desde o paseo marítimo da Ponte do Porto cara a Cereixo, ida e volta. É unha opción adaptada para persoas en cadeira de rodas.

PUBLICIDADE

Ao remate da andaina haberá actividades para todas as idades como inchables, pinchos, sorteos e moito máis. Ademais, o evento contará tamén cunha exposición de coches clásicos. 

Así, as persoas interesadas en participar na mesma poden inscribirse a través do número de teléfono 697 828 580. O prezo será de 10 euros para os adultos e 5 para os cativos.

Que é a ataxia?

A ataxia é un síntoma neurolóxico que consiste na perda da coordinación dos movementos dos músculos voluntarios. É unha manifestación clínica que implica disfunción nalgunha parte do sistema nervioso que coordina os movementos, como pode ser o cerebelo.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.