PUBLICIDADE
Mónica Coto presenta a exposición 'A paisaxe atlántica' no Dolmen de Dombate

O Dolmen de Dombate foi o escenario elixido para o acto de inauguración da mostra pictórica e escultórica que estará dispoñible neste enclave durante os meses de primavera.

O Concello de Cabana de Bergantiños será escenario da exposición A paisaxe atlántica, da artista Mónica Coto. Trátase dunha mostra que convida a descubrir a beleza e forza da contorna natural galega a través da mirada da autora.

O acto de presentación tivo lugar o luns 5 de maio no Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate e en el destacouse “a importancia de apoiar a creación artística vinculada ao noso territorio, poñendo en valor a paisaxe como parte da identidade cultural do noso concello”.

PUBLICIDADE
Ilustracións e esculturas de ‘A paisaxe atlántica’ de Mónica Coto.

A paisaxe atlántica é unha mostra de ilustracións e escultura que reinterpreta o litoral atlántico dun xeito singular, cunha proposta visual marcada por cores vivos e unha visión contemporánea da natureza costeira. A muller e a súa visión gañan presenza a través do arte da autora, así como a sostibilidade xa que a exposición inclúe pezas elaboradas con materiais rescatados do mar.

A mostra artística poderá ser visitada nas propias instalacións do Dolmen de Dombate durante os meses de primavera.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.