José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e o alcalde de Quiroga (Lugo), José Luis Rivera, rubricaron hoxe o convenio de colaboración que posibilitará actuacións de posta en valor da contorna fluvial do túnel romano de Montefurado, no río Sil.
O presente convenio ten por obxecto determinar as condicións para a colaboración entre as partes outorgantes para o financiamento e execución das actuacións, establecendo o réxime da posterior entrega das obras executadas para o seu mantemento e conservación.


