PUBLICIDADE

A Escola Municipal de Teatro de Vimianzo despide o curso cunha dobre cita

A obra 'Un alto no camiño' porá o broche final ao curso da Escola Municipal de Teatro de Vimianzo

O alumnado adulto representará ‘Milagre no convento’ o día 31 de maio e ‘Un alto no camiño’ o 1 de xuño en dúas sesións cargadas de humor e solidariedade.

As escolas municipais de teatro de adultos de Vimianzo despídense deste curso 2024/2025 con unha cita dobre. Serán dúas representacións cheas de humor, emoción e solidariedade que terán lugar o 31 de maio e o 1 de xuño.

As entradas para as funcións teñen un prezo simbólico de 3 euros e poden adquirirse a través da plataforma online Woutick. Todo o recadado nas dúas obras será doado á Asociación Española contra o Cancro, polo que desde o Concello vimiancés animan a toda a veciñanza a participar nestes eventos.

PUBLICIDADE

Así, o sábado 31 de maio, ás 20:30 horas, chega a primeira das citas. Representarase ‘Milagre no Convento’, unha divertida peza que trasladará ao público ao convento de Santa María, onde a difícil situación económica da congregación cambia coa chegada dunha nova irmá e as súas ideas de negocio. Unha historia chea de situacións disparatadas coa que as risas están aseguradas.

Milagre no convento será a primeira obra representada na dobre cita da Escola Municipal de Teatro de adultos

Mentres, ao día seguinte, domingo 1 de xuño, ás 19:00 horas, porase o broche final ao curso teatral. Será a quenda de ‘Un alto no camiño’, unha obra ambientada nos anos 40 nun misterioso cruce de camiños no monte. O encontro entre personaxes tan dispares como un marqués, un aspirante a bandido, un grupo de carpideiras ou unha pantasma dá lugar a unha mestura de emocións que vai desde a comicidade ata a tenrura.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.