O Deputado Miguel Fernández participou este luns no acto de descubrimento do monólito conmemorativo dedicado ao enxeñeiro lucense Tomás Notario Vacas na ponte das Saamasas, unha homenaxe coa que a cidade recoñece a súa contribución ao desenvolvemento urbano e á mellora da mobilidade en Lugo. O Deputado provincial destacou o legado dun profesional que deixou unha pegada duradeira na transformación da capital lucense e puxo en valor unha infraestrutura que, máis de medio século despois da súa construción, continúa sendo unha conexión fundamental para a cidade e un exemplo da importancia do seu traballo ao servizo do interese público.
Actualidade
Comarca da Mariña
Comarca da Montaña
Comarca da Terra Chá
Comarca da Ulloa
Comarca de Sarria
Cultura
Destacados
Localidades
Lugo
A Deputación de Lugo súmase ao recoñecemento a Tomás Notario Vacas co descubrimento dun monólito na ponte das Saamasas
Homenaxe a Notario Vacas





