A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, presidiu hoxe a Xunta Local de Seguridade de Viveiro xunto coa alcaldesa, Mariña Gueimunde, para coordinar o dispositivo de seguridade con motivo da celebración do ‘Resurrection Fest’, na súa XXI edición.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
A subdelegada destacou a máxima coordinación entre o Goberno, o Concello de Viveiro, a organización do evento e as forzas e corpos de Seguridade do Estado para garantir o bo desenvolvemento do ‘Resu’.



