PUBLICIDADE

A undécima edición de FESTUR conta coa presenza do Concello de Camariñas

A Mostra do Encaixe é o principal reclamo do stand do Concello de Camariñas en FESTUR

No evento participan máis de sesenta festas de interese turístico de Galicia, sendo a Mostra do Encaixe o principal reclamo do stand do municipio coruñés.

O Concello de Camariñas é un dos 45 municipios e xeodestinos que participan na undécima edición da Feira de Festas de Interese Turístico (FESTUR) que se celebra en Silleda desde este xoves 5 de xuño, ata o vindeiro domingo, 8 de xuño.

A Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña é o principal reclamo do stand do Concello. As persoas que visiten a feira poderán ver a colección gañadora do XXXI Concurso de Noveis Deseñadores, ‘Mitra’, de Estafanía Orgaz e Pedro Orgaz; diferentes pezas das coleccións de Mariví Santos Atelier e de Ana Miguéns, participantes do desfile de ArtEncaixe. Ademais, tamén haberá demostracións e venta de encaixe de Camariñas coa presenza das asociacións Rendas e Puntillas. 

PUBLICIDADE

Na inauguración da feira estiveron presentes tanto a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, como as concelleiras Encarna Liñeiro e Begoña Tajes. 

As membros da corporación municipal de Camariñas estiveron presentes na inauguración da feira

FESTUR reúne, durante os catro días, a máis de sesenta festas de interese turístico de Galicia, a maior cifra desde que se puxo en marcha este certame no ano 2014. 

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.