O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou este mediodía nunha visita guiada ás instalacións de Alibós Galicia no concello lucense de Monterroso. Durante este percorrido, Alemparte sinalou o compromiso desta empresa pola calidade diferenciada, xa que a súa produción está amparada baixo a Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia e conta tamén coa certificación do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.
A Xunta pon de relevo o compromiso de Alibós Galicia coa calidade diferenciada e a produción ecolóxica
Visita realizada ás instalacións de Alibós en Monterroso

