PUBLICIDADE

Convenio de cooperación educativa entre o Concello de Monterroso e a Universidade de Vigo

Eloy Pérez, alcalde monterrosino

O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez Sindín, asina o convenio enviado pola Universidade de Vigo de cooperación educativa para a realización de prácticas académicas externas por parte do estudantado universitario.

O acordo, cunha vixencia de catro anos, permitirá ao Concello de Monterroso acoller estudantes da Universidade de Vigo para realizar prácticas académicas externas, co obxectivo de facilitar a súa preparación para o exercicio profesional e a futura inserción laboral.

PUBLICIDADE

Unha iniciativa que reforza a colaboración entre ambas institucións no ámbito da formación universitaria.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.