PUBLICIDADE
Publicidade

Altri non emitirá dioxinas nin afectará ao estado do Ulla nin da ría de Arousa

PorCrónicas da Comarca

Venres, 27 Decembro 2024 , , , ,
O proxecto GAMA contará con 112 hectáreas de área industrial, 61 de cinturón verde e 192 manteranse no seu estado actual

O proxecto GAMA, a fábrica de fibras téxtiles que Altri deseñou para Palas de Rei a través da súa filial Greenfiber é a planta tecnoloxicamente a máis punteira do seu sector en todo o mundo e a máis esixente desde o punto de vista ambiental, resultado de anos de I+D de Altri, compañía que encabeza a clasificación mundial de Sustentabilidade ESG na súa área de actividade. Para que GAMA sexa posible, ademais de todos eses anos de I+D, os seus promotores realizarán un investimento de mil millóns de euros, a maior na historia da provincia de Lugo.

A planta de Palas de Rei integrará as tecnoloxías máis avanzadas do mercado para garantir que os procesos empregados na fábrica de fibra téxtil non só cumpren todos os requisitos ambientais esixidos pola lei, senón que vaian máis aló. Non hai neste sector un proxecto tan eficiente nin sostible como GAMA e non se pode comparar con ningunha planta de celulosa actualmente en funcionamento en España ou en Europa. Isto significa que a súa actividade de ningunha maneira supoñerá unha ameaza para a saúde das persoas nin dos animais.

PUBLICIDADE
Publicidade

Neste sentido, Sofía Jorge, directora de Sustentabilidade, Recursos Humanos e membro do Consello Executivo de Altri, recalca que “hai unha campaña clara de desinformación con mensaxes rotundamente falsas e alarmistas. É imposible que un proxecto que se desenvolva hoxe en día na Unión Europea dane a saúde. Estamos falado dunha fábrica do século XXI, é dicir, absolutamente regulada”. A materia prima que se utilizará na planta será celulosa procedente de bosques galegos certificados, que dará orixe a fibras para produtos téxtiles, non papel. De feito, a tecnoloxía para producir un produto ou outro é completamente diferente.

Pedro Baptista, enxeñeiro e director de Operacións de Altri en España, é tamén categórico: “Falouse moito das dioxinas, que son substancias químicas xeradas na combustión de produtos que teñen cloro en cantidades importantes na súa composición. Pero, na nosa fábrica, non se vai a utilizar cloro, nin tampouco lixivias, polo que é imposible que se vaian a emitir dioxinas. O demais son bulos”. En lugar de cloro, GAMA utilizará osíxeno, peróxido de hidróxeno e ozono para branquear o seu produto. Ademais, todos os gases olorosos serán reutilizados dentro da propia planta para producir enerxía, polo que será un centro con cheiros cero. O resto dos gases serán tratados como esixe a normativa, “ningunha fábrica en UE pode operar se non se cumpre. Isto é evidente”, recalca o director de Operacións en España.

NON AFECTARÁ AO ULLA NIN Á RÍA DE AROUSA

Isto inclúe tamén ao tratamento de augas, para o que se investirán 80 millóns de euros, unha cantidade inédita no sector. A planta utilizará a auga e devolveraa ao río unha vez depurada e regresará á planta, nun proceso circular. Estudouse o caudal do Ulla durante todo o ano e as porcentaxes de diminución serán inferiores ao 1% durante 9 meses ao ano, entre o 1-2% nos meses de xuño-xullo e só poderían alcanzar o 2% nos meses de agosto e setembro. O proxecto segue a machada a lei que esixe que unha vez retórnese a auga ao caudal, non poderá provocar unha variación de temperatura do río superior aos tres graos, xa sexan por arriba ou por abaixo, o que garante a non afectación ao ecosistema fluvial e, por extensión, do da ría de Arousa, situada a uns 80 quilómetros río abaixo, onde o impacto será nulo. Por outra banda, a planta dispoñerá de depósitos de seguridade que, #ante calquera incidencia que se detecte nas análises que se farán de forma permanente, poderán conter a devolución de auga ao río, permitindo actuar de inmediato para solucionalo. E para garantir todo este proceso, a planta contará cun sistema de control e seguimento que permitirá monitorizae todos os parámetros as 24 horas ao día os 365 días do ano e que estará conectada en tempo real coas autoridades, que poderían paralizar a actividade #ante calquera incumprimento.

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.