PUBLICIDADE
Publicidade

Escolares do Centro de Educación Especial Amicos de Ribeira expoñen as súas demandas polo Día Universal da Infancia

PorCrónicas da Comarca

Mércores, 20 Novembro 2024 , ,
- Asistiron máis de 400 escolares de entre 8 e 17 anos pertencentes a oito centros educativos galegos e a Asociación Amicos de Ribeira. Os participantes agruparon as súas reivindicacións en cinco ámbitos: dereito a ser escoitado e á participación infantil; non discriminación; xogo e tempo libre; protección fronte a violencia; e saúde.

Máis de 400 nenos, nenas e adolescentes galegos alzaron onte a súa voz para reivindicar os dereitos da infancia nun acto organizado pola Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) en colaboración coa Xunta con motivo do Día Universal da Infancia que tivo lugar no Palacio de Congresos e Exposicións da Coruña (Palexco) e ao que tamén asistiron a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García; o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica do concello da Coruña, Juan Ignacio Borrego; e Mónica Viqueira, presidenta da POIG. O obxectivo non é outro que lle dar voz á infancia e adolescencia para que expresen as súas propostas, facendo uso da participación infantil como dereito fundamental.

Os rapaces, con idades comprendidas entre os 8 e os 17 anos e pertencentes ao CEEPR-Centro de Educación Especial Amicos, de Ribeira; os CEIP Igrexa-Candeán (Vigo); Colexio Carmelitas Vedruna (Vigo); PCI Virxe da Cela (Monfero); CEIP Eladia Mariño (Cabanas); CEIP de Andrade (Pontedeume); CEIP Virxe da Luz (Portomarín); CPR Maristas Inmaculada (Lugo); e mais o Colexio Carmelitas (A Coruña) expuxeron as conclusións das actividades realizadas no proceso participativo que cada ano convoca a Plataforma de Organizacións da Infancia co obxectivo de que as opinións dos nenos e nenas sexan tidas en conta nas políticas públicas e que este 2024 desenvolveuse baixo o paraugas dos problemas que máis lles afectan. Ademais, tamén asistiron como público representantes de 35 entidades sociais e alumnado dos colexios da Coruña CEIP Curros Enríquez e CEIP Eusebio da Guarda.

PUBLICIDADE
Publicidade

Co lema do acto Isto vai de dereitos, os participantes agruparon as súas propostas en cinco ámbitos de actuación: dereito a ser escoitado e á participación infantil; dereito á non discriminación; dereito ao xogo e tempo libre; dereito á protección fronte a violencia; e dereito á saúde bens de primeira necesidade.

Os membros do Consello Autonómico de Participación Infantil e Adolescente (CAIA), órgano creado pola Xunta de Galicia para lle dar voz aos nenos, nenas e adolescentes da nosa comunidade, foron os anfitrións deste evento, que tamén contou con actuacións do coro xove da Sinfónica de Galicia.

Este acto atópase no marco das accións postas en marcha pola POIG con motivo do Día Universal da Infancia, no que se conmemora o aniversario da adopción da Declaración Universal dos Dereitos do Neno (1959) e a aprobación da Convención dos Dereitos do Neno (1989). Esta Convención, a máis universal dos tratados internacionais, establece una serie de dereitos para os nenos e nenas, incluídos os relativos á vida, a saúde e a educación, o dereito a xogar, á vida familiar, á protección fronte á violencia e á discriminación, e a que as súas opinión sexan escoitadas.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.