Será durante o mes de xullo e o prazo de inscrición está aberto desde o 13 ata o 20 de xuño.
O Concello de Cabana de Bergantiños organizará este verán un evento que xa comeza a ser habitual. Chega a quinta edición do seu Campus Deportivo.
A iniciativa do municipio cabanés está dirixida a nenas e nenos nados entre os anos 2009 e 2017, ambos incluídos, e desenvolverase entre o 1 e o 31 de xullo de luns a venres entre as 10:00 e as 14:00 horas.
Entre as actividades ofertadas están voleibol, fútbol, balonmán, rugby, gincanas, break out, kaiak e xogos musicais e de auga, entre outras. Ademais de facer tamén sendeirismo.
O prazo de inscrición estará aberto desde o venres día 13 ata o 20 de xuño ata as 14:00 horas. O prezo será de 30 euros por cada participante. Os interesados poderán inscribirse nas actividades desde esta ligazón: https://cabana.playoffinformatica.com/…/V-CAMPUS…/ . Hai que sinalar que para poder anotarse nas mesmas é obrigatorio ter dado de alta o carné municipal.
As persoas que precisen maior información poderán pedila de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 contactando co 672 15 59 14.