A XII edición do Día da Bicicleta reuniu a preto de 100 de persoas na Praza do Concello de Vimianzo. Os participantes, de todas as idades, saíron ás 11 da mañá a dar un paseo sobre as dúas rodas para celebrar esta proba, que busca promover o seu uso como unha actividade deportiva saudable e un medio de transporte sostible.
Deste xeito, realizouse unha marcha de 11 quilómetros polas rúas do núcleo urbano, así como por zonas destacadas do Val de Vimianzo, na que as familias desfrutaron, a ritmo de cicloturista, da paisaxe e do uso das dúas rodas de xeito responsable.

