PUBLICIDADE

A rapazada de Vimianzo xa se pode inscribir para a terceira edición da Tarde-Noite Meiga

Xa está aberta a inscrición para a III edición da Tarde-Noite Meiga

A actividade, enmarcada na programación do Asalto ao Castelo, desenvolverase o 3 de xullo de 17:00 a 22:00 horas.

Os rapaces e rapazas volverán ser os protagonistas na III edición da Tarde-Noite Meiga, que se celebrará no foso do Castelo de Vimianzo o vindeiro xoves 3 de xullo, de 17:00 a 22:00 horas.

A actividade, incluída dentro da programación do Asalto ao Castelo, conta con diversas propostas artísticas que achegarán á cativada á revolta Irmandiña. Así, unha pasarela de moda, o esconxuro da limoada ou o baile da revolución son algunhas propostas para esta tarde na que as dinámicas e os xogos xirarán arredor da temática irmandiña.

PUBLICIDADE

Por suposto, os pequenos e pequenas deberán ir caracterizados para participar, logrando involucrarse de cheo e vencer esta batalla.

Para ser parte do evento será necesario inscribirse previamente na Casa da Cultura. Pódese facer desde o 24 de xuño, ata o vindeiro martes, 1 de xullo. A actividade ten un custo de 5 euros por persoa.

Deste xeito, esta proposta, realizada por terceiro ano consecutivo, estase a consolidar como unha das principais actividades para achegar a historia irmandiña aos nenos e nenas, nunha aposta que enlaza con outras actividades coma o Asaltiño.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.