PUBLICIDADE

Hostaleiros galegos desprázanse a Portugal para coñecer como convive a fábrica de Altri en Vila Velha de Ródão co turismo

PorCrónicas da Comarca

Sábado, 22 Febreiro 2025 , , ,
Entrevistáronse con hostaleros, co alcalde, co el responsable de turismo e con produtores do sector apícola e queixeiro

Unha vintena de profesionais da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería da Coruña e da Federación Empresarial de Turismo e Hostalería de Pontevedra desprazáronse a Portugal para coñecer en primeira persoa como é a convivencia da fábrica que Altri ten en Vila Velha de Ródão, localidade do interior de Portugal, a beiras do Tajo, moi similar a Palas de Rei e cun importantísimo turismo de natureza e gastronómico. Vila Velha de Ródão grazas ao Tajo, é un municipio con paisaxes e recursos naturais únicos. Alberga a maior colonia de voitres leonados do país, así como outras 116 especies de aves. Conta con formacións xeolóxicas declaradas monumento natural de Portugal e co Conxunto de Arte Rupestre do Valle do Tajo, un dos máis importantes de Europa de arte postpaleolítico formado por máis de 20.000 gravados. Xunto ao turismo, o sector agropecuario é outro piar da súa actividade, con produtores de viño, olivas con selo ecolóxico, aceite de oliva, queixos, mel e conservas de peixe de río.

Finalmente, o outro piar e motor da economía local é Biotek, unha fábrica de fibras celulósicas inaugurada hai 53 anos e da que Altri está á fronte desde fai 18. Unha realidade moi parecida á que vivirá Palas de Rei e a comarca da Ulloa coa posta da fábrica de fibras téxtiles, que a compañía portuguesa promove a través da súa filial Greenfiber. Ademais de visitar a planta de Biotek, puidéronse entrevistar con hostaleiros, coa responsable da oficina de turismo e con produtores do sector apícola e quesero do municipio.

PUBLICIDADE

João Mateus é xerente de dous restaurantes na localidade, un no centro do pobo, Portas de Ródão, e o segundo, Non meio de nada, a dez quilómetros do mesmo. “Temos dous tipos de clientes ben diferenciados. No restaurante do pobo polo menos un 70% do público está relacionado coa fábrica, buscan comer ben, pero no menor tempo posible, para volver traballar pola tarde.

O outro é máis tranquilo, máis sosegado, o cliente busca relaxarse, sen présa. É para turistas que buscan tranquilidade, pero tamén para reunións ou eventos de empresa con máis calma. En ambos temos hotel tamén”.

Durante a xornada, estiveron tamén no centro cultural da localidade, un espazo á altura de calquera gran cidade, con auditorio, salas de exposicións e actividades, ademais dunha magnífica biblioteca. Alí recibiu ao grupo Luís Pereira, alcalde do municipio, quen aclarou que: “grazas á fábrica e a outras empresas que se foron instalando posteriormente, contamos con instalacións como esta para dar á poboación os servizos que demanda porque, a diferenza do que é habitual no interior de Portugal, o impulso económico da industria serviu para atraer a familias novas, que buscan oportunidades laborais e, ao mesmo tempo, gozar da calidade de vida que lles proporciona unha contorna natural, como temos en Vila Velha de Ródão. E teño que destacar que, no pobo, non somos conscientes de cando a fábrica está a funcionar e cando non. Os investimentos que fixeron en cuestións como o tratamento da auga ou a eliminación de cheiros conseguiron que a convivencia non só coa poboación, senón coas explotacións agropecuarias, turísticas e demais empresas locais sexa óptima”.

O rexedor explicou, ademais, que agora o reto do municipio é dar resposta ás demandas desta nova realidade social: “Nos últimos anos, multiplicamos por tres as prazas de gardería, de 15 a 45, e aínda temos listas de espera. E pasamos de 120 alumnos nas escolas a 320. Tamén estamos a desenvolver vivenda pública, porque fai falta para as familias que veñen establecerse aquí”, subliña Luís Pereira.

Tras a visita, Cheché Real, presidente da Confederación Empresarial de Hostalería e Turismo de Galicia e da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, explicou que “como eu non son experto, quixen vir falar coa xente que vive a aquí para coñecer de primeira man como é a convivencia coa fábrica de Altri e a impresión que me levo é magnífica. O perfectamente integrada que está a fábrica na contorna do río Tajo, tanto polo que vimos, como polo que nos contaron persoalmente tanto hostaleiros e produtores con estivémolos, como no concello. Hai plantacións de oliveiras, froiteiras, almendros, etc”.

Pola súa banda, Héctor Cañete, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería da Coruña, mostrouse “ gratamente sorprendido pola modernidade da planta de Biotek, pola importancia que lle outorgan á seguridade e por como está integrada na contorna, tanto desde o punto de vista do núcleo de poboación como no natural e de como se converteu nun dinamizador para a economía local. Polo que me parece que é un proxecto que merece moito a pena valorar para implantarse en Galicia”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.