PUBLICIDADE

O Concello de Antas de Ulla lamenta que “a débeda do goberno anterior impida o desenvolvemento do polígono industrial”

PorCrónicas da Comarca

Sábado, 22 Febreiro 2025 , , ,
Concello de Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla vese obrigado á renunciar á posta en marcha dun polígono industrial “pola situación económica herdada do goberno local anterior”.

A Deputación de Lugo aprobou no 2022 á cesión gratuíta ao Concello de Antas de Ulla duns terrenos destinados a un polígono industrial.

PUBLICIDADE

A institución provincial vinculou a cesión á implantación do polígono industrial nun prazo máximo de 5 anos. Tras as eleccións do 2023, o novo goberno atopouse “cunha débeda de 1,5 millóns de euros, o que nos obriga a renunciar á posta en marcha do polígono, xa que o concello tiña de prazo ata o ano 2027 e a prioridade agora é manter os servizos públicos municipais”, explica a alcaldesa, Pilar García Porto.

O anterior alcalde do PP de Antas de Ulla desviou os 816.000 euros de fondos europeos que o concello obtivo para a reforma da Casa da Cultura ao pago de facturas; deixou 300.000 euros sen pagar correspondentes a sentenzas xudiciais, e 341.072 euros en impagos do subministro de enerxía, entre outras partidas. “Puxémonos a traballar e xa reducimos a débeda en 170.000 euros, e a Casa da Cultura é unha realidade, pero proxectos como o do polígono son inviables a curto prazo, polo que revertiremos os terreos cedidos á Deputación de Lugo no pleno deste xoves”, engade a alcaldesa.

O concello non descarta pedir no futuro de novo a cesión dos terreos á Deputación, unha vez que mellore a situación económica local.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.