PUBLICIDADE

Monterroso impulsa o Museo e Centro de Interpretación Monterroso Vila das Feiras

PorCrónicas da Comarca

Mércores, 12 Marzo 2025 , , ,
O alcalde de Monterroso consultando a páxina web do museo

O Museo e Centro de Interpretación ‘Monterroso, A Vila das Feiras’ ten desde hai uns días un novo portal informativo que vai servir de escaparate para todo o contido que ten no seu interior. Pódese consultar en dous idiomas, galego e castelán.

Así, en https://museodemonterroso.org/ pódese obter información actualizada sobre o propio museo, as salas ou o horario de visita.

PUBLICIDADE

A páxina web fai un percorrido exhaustivo por cada unha das salas do Museo con imaxes do que podemos atopar en cada unha delas. Tamén hai un apartado multimedia cos paneis que integran cada unha das salas do museo e un espazo de novas con información actualizada.

Ademais, pódese atopar o contacto do Museo e un enderezo para todos aqueles que decidan programar unha visita a este Centro de Interpretación de gran valor cultural da Comarca da Ulloa. A web tamén conta cun apartado sobre a propia Feira de Santos e a súa historia con recursos audiovisuais de gran valor.

Trátase, en palabras do alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, “de poder facer unha primeira visita virtual a través deste completo portal, que anime á visita física ao Museo. Tamén, engade, unha fonte de información para os estudosos que poidan ter interese nos restos históricos que recolle o Museo ou na Feira de Santos”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.