PUBLICIDADE
Cabana de Bergantiños presenta unha programación completa para rememorar a idade castrexa en Borneiro

O Concello de Cabana realiza unha programación que inclúe animación musical, visitas teatralizadas e degustación de produtos típicos da gastronomía cabanesa.

O Concello de Cabana de Bergantiños programa para o vindeiro sábado 12 de xullo unha nova edición do Castro Animado. Unha festa onde a música, a arte e a gastronomía se dan a man nunha viaxe de regreso á Idade do Ferro.

Deste xeito, o Castro a Cidá de Borneiro regresará á idade castrexa. A partir das 17:00 horas, comezarán as actividades cun encontro entre os habitantes doutros castros convidados. O evento contará cunha ampla oferta gastronómica, con degustacións de produtos típicos da zona cabanesa, xeados artesáns e bebidas castrexas. Ademais, haberá demostracións e venda de cerámica e outros artigos de artesanía tradicional.

PUBLICIDADE

Pero tamén haberá tempo para a nota máis lúdica e festiva, que virá da man dos xogos populares Miudiño, da recreación histórica Clan de Breogán, da animación musical a cargo da banda de gaitas O Son do Castro, das visitas teatralizadas con Yago Espasandín e dun espectáculo aéreo de circo e teatro ofrecido por Sue Moreno 4.0.

Xa entrada a noite, a celebración continuará cunha gran churrascada, seguida dunha verbena amenizada por diferentes agrupacións musicais que farán unha Gran Foliada e o tradicional ritual da queimada.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.