PUBLICIDADE

O club vimiancés Dousxsetenta brilla no Campionato Galego de Tiro con Arco

O club vimiancés Dousxsetenta obtivo uns resultados notables no Campionato Galego de Tiro con Arco disputado en Narón

A pasada fin de semana, 31 de maio e 1 de xuño, tivo lugar en Narón unha nova edición do Campionato Galego de Tiro con Arco ao aire libre. Representando ao Concello de Vimianzo acudiu o club Dousxsetenta, participando con un total de nove deportistas nas categorías Benxamín, Alevín, Sub15, Sub21, Sénior e +50. 

Así, na xornada do sábado 31 de maio competiron Antía Rey e Eric Lavandeira na categoría benxamín, Antón García na alevín e Nico Soto e Yago Rellán na sub15. O domingo 1 de xuño foi a quenda de Paula Vázquez na categoría sub21, José Vázquez e Manuel Soto na sénior e Dorita Lavandeira na +50.

PUBLICIDADE

Os resultados obtidos na competición reflicten o alto nivel deportivo do club. Antía Rey proclamouse campioa galega na categoría benxamín. Nico Soto acadou a medalla de bronce en Sub15, nunha final de consolación disputada co seu compañeiro de equipo Yago Rellán, que rematou en cuarta posición. Paula Vázquez proclamouse subcampioa galega na categoría sub21 unificada, mentres que José Vázquez tamén logrou o subcampionato na categoría sénior. Pola súa parte, Dorita Lavandeira alcanzou a segunda posición na categoría +50. 

Ademais, Eric Lavandeira obtivo o cuarto posto en benxamín, Antón García rematou en quinta posición na categoría alevín e Manuel Soto clasificouse no posto 17 de categoría sénior.

O club Dousxsetenta participou con un total de nove deportistas no Campionato Galego de Tiro con Arco

Ante o éxito obtido, dende o Concello de Vimianzo trasladaron os “parabéns a todas as persoas participantes pola súa dedicación e o compromiso amosado ao longo de toda a competición. Son resultados brillantes á altura dun club brillante”, concluiron.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.