PUBLICIDADE

O Concello de Barbadás reivindica a igualdade de oportunidades e o fin da discriminación de xénero

O Concello de Barbadás conmemorou onte domingo o Día Internacional da Muller, 8 de marzo, cun acto institucional nas inmediacións da Glorieta da Familia. O tenente alcalde e concelleiro de Igualdade, Daniel Rey, aproveitou a ocasión para poñer en valor a importante tarefa das traballadoras do CIM de Barbadás, que traballan diariamente coas mulleres máis vulnerables do municipio.

Silvia Arce, referente de deporte feminino en Barbadás, e Eva Rey, veciña integrante da Asociación Galega de Covid Persistente, deron lectura dos manifestos, nos que se reivindico a igualdade de oportunidades e a fin da discriminación de xénero.

PUBLICIDADE

A veciñanza puido achegarse durante toda a mañá ao posto informativo do CIM, onde recibiron información sobre o servizo municipal de atención ás mulleres.

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.