Galicia inicia este mes un proceso de reflexión colectiva sobre o futuro do seu territorio rural coa posta en marcha das mesas de traballo do Foro Territorio Rural Resiliente, unha iniciativa que culminará o 28 de maio en Santiago de Compostela cun encontro aberto a representantes institucionais, profesionais e sociedade civil.
O foro organizado pola Fundación Juana de Vega e o Laboratorio do Territorio da USC (LaboraTe), en colaboración coa Fundación RIA, a Fundación Roberto Rivas e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, nace co obxectivo de contribuír a un territorio rural máis activo, resiliente ao lume e preparado para afrontar os retos económicos, demográficos, climáticos e ambientais, a través da mellora da ordenación e da xestión territorial. Para iso, a iniciativa promove un proceso participativo previo no que especialistas de diferentes ámbitos analizarán os principais desafíos do rural galego e formularán propostas de acción. A iniciativa parte da constatación de que o territorio galego experimentou profundas transformacións nas últimas décadas.
CALENDARIO MESAS DE TRABALLO
O ciclo de primeiros encontros desenvolverase ao longo do mes de marzo en diferentes puntos de
Galicia:
• Mesa “Visión estratéxica do territorio rural”, 11 de marzo, Sede da Fundación Juana de
Vega | Oleiros (A Coruña), 10:00 – 14:00 h
• Mesa “A ordenación de usos e instrumentos de planificación no rural”, 12 de marzo,
IBADER – Campus Terra | Lugo. 10:00 – 14:00 h
• Mesa “Mobilización e xestión activa do espazo agroforestal”, 17 de marzo, IBADER –
Campus Terra | Lugo, 10:00 – 14:00 h
• Mesa “Gobernanza e cooperación público-privada para a ordenación territorial”, 17
de marzo, Sede Fundación RIA | Santiago de Compostela, 10:00 – 14:00 h
• Mesa “Persoas, poboación e actividades no rural”, 18 de marzo, Fundación Roberto
Rivas | Silleda (Pontevedra), 10:00 – 14:00 h
• Mesa “Comunicación e concienciación social”, Data pendente de confirmación, Colexio
Profesional de Xornalistas de Galicia | Santiago de Compostela


