PUBLICIDADE

O Concello de Viveiro patrocina o partido España-Finlandia de fútbol sala feminino sub-19

PorCrónicas da Comarca

Venres, 28 Marzo 2025 , ,
A Casa do Concello acolleu unha presentación do evento coa participación da RFGF e o Comité Galego de Fútbol Sala

O Concello de Viveiro patrocina o partido amistoso de fútbol sala feminino sub-19 que se dará entre as seleccións española e finlandesa o 2 de abril ás 20:00 horas no pavillón municipal.

A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, participou hoxe nun acto de presentación deste evento deportivo na Casa do Concello xunto a Pablo Prieto, presidente da RFGF, e Julio Mougán, presidente do Comité Galego de Fútbol Sala.

PUBLICIDADE

“É unha honra para nós patrocinar este partido, que convertirá a nosa vila no epicentro do fútbol sala feminino o vindeiro mércores”, sinala a rexedora. “Ademais, a entrada e gratuíta, polo que toda a veciñanza poderá desfrutar del sen impedimento”, engade.

“Tendo en conta que se trata dunha proba deportiva de carácter internacional que se vai retransmitir en directo polas canles propias da RFEF, alén da cobertura de medios especializados, é unha oportunidade única de promocionar o Concello”, apunta Gueimunde.

O patrocinio aprobado ten un importe de 2.000€ máis IVE e servirá para sufragar gastos de publicidade, catering, avituallamento, ambulancia, transporte, pernocta ou recursos humanos.

A alcaldesa considera que este investimento “redundará positivamente na hostalería de Viveiro en concreto, e en todo o sector servizos do municipio en xeral”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.