PUBLICIDADE
O covenio para a xestión da Biomasa nas faixas secundarias duplica o orzamento e reforza os apoios prestados á Administracións locais e propietarosO covenio para a xestión da Biomasa nas faixas secundarias duplica o orzamento e reforza os apoios prestados á Administracións locais e propietaros

A Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga asinaron o 15 de decembro de 2025 un novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias. Este acordo conta cun orzamento anual de 25 millóns de euros (o dobre que no anterior), e ademais de ver o seu investimento incrementado, reforza os apoios para administracións e propietarios.

O convenio asinouse por primeira vez no ano 2018 e contou tamén co apoio da Federación Galega de Municipios e Provincias. A Fegamp formou parte do acordo ata o ano 2025.

PUBLICIDADE

Desta forma a Xunta busca seguir cooperando para garantir a prevención de incendios forestais mediante a xestión da biomasa nas faixas secundarias.

Que é unha faixa secundaria?

As faixas secundarias son un anel de terreo de 50 metros que rodea aos núcleos de poboación, é dicir, as parcelas que se atopan máis próximas ás vivendas. Estas posúen unha función prioritaria de protección, xa que actúan como un cinto de seguridade que protexe ás casas e ás contornas habitadas ao frear o avance das lapas no caso de que se produza un incendio forestal e, ao mesmo tempo, unha boa xestión facilita o traballo dos medios de extinción en caso de lume.

Se as faixas secundarias deben ter a biomasa xestionada e libre de especies arbóreas prohibidas nestas zonas… quen é a persoa encargada de limpalas?

Os propietarios das parcelas situadas en faixas secundarias son os encargados de mantelas limpas e en boas condicións. Así se recolle na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais.

Polo tanto, os particulares son, en primeira instancia, os responsables de xestionar a biomasa nestas zonas e, se estes non cumpren coa súa obriga, son os concellos quen deberán asumir esta tarefa de xeito subsidiario, como tamén se indica na normativa.

Ademais, segundo a citada normativa, o prazo máximo para ter limpas estas parcelas é o 31 de maio de cada ano. É a partir desta data cando comezan as inspeccións das parcelas. Estas revisións derivan en notificacións para aqueles propietarios que non limparan as súas e, de ser o caso, en execucións subsidiarias e en multas (varían en función do tipo de sanción -leve, grave e moi grave-, cun mínimo de 100 euros e un máximo de 1.000.000 de euros).

Que apoio ofrece a Xunta a particulares e propietarios?

Levar a cabo a xestión da biomasa nas faixas secundarias pode chegar a ser complicado. Por iso, a Consellería do Medio Rural ofrece apoios, tanto a propietarios como a concellos, para cumprir con estas obrigas e traballar de xeito conxunto na prevención de incendios forestais.

Esta axuda faise efectiva a través do convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias que a Consellería puxo en marcha en colaboración coa empresa pública Seaga que inclúe importantes novidades con respecto a outras edicións.

Como presta apoio a Xunta a través deste convenio?

En primeiro lugar, os concellos deben adherirse ao convenio e despois solicitar intervencións. Dentro das actuacións que se contemplan están:

  • Colaboración na realización de inspeccións e na preparación das notificacións que o concello envía posteriormente aos propietarios incumpridores.
  • Colaboración na elaboración técnica do anuncio para ser publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estadode ser o caso, dos documentos base para iniciar o proceso de execución subsidiaria ou para o envío ao órgano competente para incoar o sancionador.
  • Realización de execucións subsidiarias en ata 10 hectáreas por concello e ano, fóra das parroquias priorizadas, e a limpeza de 12 quilómetros de vías municipais.
  • Contratación dos particulares, directamente con Seaga, de limpezas en faixas secundarias situadas en parroquias priorizadas, por un prezo de 420 euros por hectáreas.
  • Subministro de especies que axuden a construír unha franxa natural de protección e fagan innecesarias sucesivas limpas desas parcelas.
  • No caso concreto dos concellos de menos de 10.000 habitantes, o convenio establece tamén un reforzo de apoios.
  • Tamén se contempla a axilización dos trámites en caso de zonas prioritarias en risco de incendio, unha cuestión posible tras os cambios normativos introducidos na Lei de medidas que acompañou aos Orzamentos 2026.

Que é unha parroquia priorizada?

Considéranse parroquias priorizadas aquelas nas que existe unha maior posibilidade de afectación ou risco de incendios para os núcleos de poboación e nas que é preciso facer un maior esforzo de cooperación cos propietarios e cos concellos no cumprimento das súas obrigas legais. Estas parroquias escóllense en base a unha serie de criterios técnicos que definen o risco de incendio. É nestas zonas na que os propietarios das parcelas poden contratar directamente con Seaga para que limpe as súas parcelas a un prezo moi competitivo. 

Actualmente hai un total de 276 parroquias priorizadas (119 máis con respecto ao ano pasado): 27 na Coruña; 27 en Lugo; 168 en Ourense e 54 en Pontevedra.

Estes apoios préstanse de forma sistemática a todos os concellos galegos?

Non, estes servizos ofrécense unicamente aos concellos que, por iniciativa propia, decidan formar parte do convenio. Cabe sinalar que, unha vez adheridos, deben solicitar as actuacións que queren que se leven a cabo nos seus municipios, para que Seaga saiba onde traballar, cales son as necesidades concretas de cada localidade e establecer un plan ao longo do ano.

Actualmente hai un total de 300 concellos adheridos a este convenio, dos cales 275 teñen xa o plan de prevención e defensa contra os incendios forestais aprobado.

Tendo en conta que este convenio foi asinado en decembro do ano 2025, a Consellería estableceu como prazo idóneo para formalizar as adhesións o 21 de marzo, data na que a maior parte dos concellos actualmente adheridos, case o 94 %, xa manifestaran a súa vontade de formar parte desta iniciativa.

Pero a maiores disto, fixouse ata o 31 de marzo para que os concellos enviaran a planificación e solicitaran actuacións ao abeiro do convenio, pero só un 30 % pediu o apoio de Seaga para realizar os labores ofrecidos no seu municipio daquelas.

En todo caso, son os concellos os que teñen que solicitar os apoios ofrecidos ao abeiro do convenio e, polo de agora, só 170 dos adheridos o fixeron. Xa que logo, arredor do 43 % dos municipios aínda non pediron a execución de actuacións. Cando isto acontece, a Xunta non pode levar a cabo traballos nestas zonas.

Están a levarse a cabo os traballos no marco do convenio?

A medidados de xullo a Xunta, a través deste convenio de colaboración, realizara xa actuacións preventivas en 3.630 parcelas de 89 parroquias priorizadas de toda Galicia, esas nas que os propietarios poden contratar directamente a Seaga. A maiores, actuouse en algo máis de 416 quilómetros de vías municipais e os traballos continúan. 

Cabe sinalar que as inspeccións correspondentes a este 2026 están a desenvolverse, tendo en conta que os titulares das fincas en faixas tiveron ata o 31 de maio para levar a cabo a limpeza dos seus predios. Polo tanto, é a partir desta data cando Seaga pode colaborar na inspección, como xa se está facendo, e posterior execución subsidiaria de ser o caso, sempre que os concellos o soliciten dentro das facilidades que se ofrecen neste convenio. Neste contexto, a data de 30 de xuño deste ano enviáronse xa a particulares un total de 27.768 dilixencias de notificacións correspondentes a inspeccións realizadas na anualidade de 2025.

Desde o 2021, e no marco deste convenio, a Consellería do Medio Rural realizou as seguintes actuacións:

  • Máis de 2,5 millóns de parcelas inspeccionadas desde 2021.
  • Máis de 1 millón de notificacións e publicacións enviadas aos concellos. Deste dato extráese que o 60% dos propietarios xa cumpren previamente coas súas obrigas.
  • Máis de 6.500 parcelas onde se levou a cabo a execución subsidiaria e máis de 2.100 quilómetros de limpeza de vías.
  • Os propietarios contrataron rozas con Seaga en arredor de 27.300 parcelas de parroquias priorizadas a un prezo reducido.
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.