PUBLICIDADE

O Son do Camiño 2025 incorpora ao seu cartel a Amaia e a The Prodigy

O público nun dos concertos da pasada edición do Son do Camiño no Monte do Gozo no mes de xuño (Foto:Mónica Montero)

O Son do Camiño, que se desenvolverá o 12, 13 e 14 de xuño no Monte do Gozo, anunciou as novas incorporacións artísticas, que completan Paul Thin, Héctor Llamazares e Karras Martínez

O festival máis grande do norte de España e un dos máis recoñecidos do país, O Son do Camiño, anunciou hoxe novos artistas que se suman ao seu cartel para a edición 2025, que se desenvolverá o 12, 13 e 14 de xuño no Monte do Gozo de Santiago, e que se engaden ás actuacións de estrelas nacionais e internacionais como Duki, Bryan Adams, Kings of Leon, Franz Ferdinand, Carolina Durante, Kase.O ou Bad Gyal, entre moitos outros, nun cartel que se caracteriza pola variedade xeracional.

The Prodigy, Amaia, Paul Thin, Héctor Llamazares e Karras Martínez son as novas incorporacións parta O Son do Camiño 2025. Ademais, a organización do festival anunciou tamén a súa esperada programación diaria, cuxa venda de entradas estará dispoñible a partir do próximo martes 1 de abril ás 12:00 horas, dende 59 euros. Os abonos por día ou para todo o festival pódense adquirir a través da páxina web www.osondocamino.es.

PUBLICIDADE

Actuacións por días do Son do Camiño 2025

Xoves 12 de xuño: Duki, Bryan Adams, Franz Ferdinand, Mikel Izal, Nil Moliner, Dollar Selmouni, Paul Thin, Galician Army. Escenario SON Electro By Repsol: Bárbara Lago, Bengal, Desfasr, Indira Paganotto, Teresa Ferreiro, Vendex

Venres 13 de xuño: Kings of Leon, Bad Gyal, Kase.O, Amaia, Carolina Durante, Juan Magán, Siloé, Merino. Escenario SON Electro By Repsol: Adiel, *Âme (Ao vivo), Andrés Campo, Héctor Llamazares, Karras Martínez, Mano le Tough.

Sábado 14 de xuño: The Prodigy, Estopa, Amaral, Steve Aoki, Dani Fernández, La La Love You, Lia Kali, Marlena, The Rapants, Taïn. Escenario SON Electro By Repsol: Dennis Cruz, Honey Dijon, Jayda G, Tsha, Viviana Casanova, Yahaira.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.