PUBLICIDADE

Villares defende a posta en valor do patrimonio cultural-marítimo como elemento identitario de Galicia

PorCrónicas da Comarca

Luns, 31 Marzo 2025 , ,
Villares, participou este sábado no acto de colocación da estatua da Virxe do Carme no Porto de Burela,

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou este sábado no acto de colocación da estatua da Virxe do Carme no Porto de Burela, organizado pola Asociación de Mariñeiros Xubilados “A Moncloa”, e que se enmarca no obxectivo da entidade de que o patrimonio cultural-marítimo permaneza no tempo, entendéndoo como unha maneira de por en valor o legado dun oficio tan arraigado neste municipio, na Mariña e en Galicia.

Na actualidade, existe unha imaxe situada na punta do peirao, pero o seu acceso é moi dificultoso por mor da actividade portuaria, de aí que, dende a Asociación, para poder seguir mantendo esa tradición, solicitasen o cambio de emprazamento para un lugar máis accesible, co fin de que os mariñeiros poidan achegarse a ela de forma segura. Villares enxalzou o traballo desta entidade, amosándolle aos seus integrantes o compromiso do Goberno galego para seguir apoiando iniciativas que difundan e divulguen a historia pesqueira de Galicia e das súas xentes do mar, xa que o 55% da poboación reside no litoral.

PUBLICIDADE

Nesta liña, destacou que, precisamente, a Consellería dispón do Plan da Cultura Marítima de Galicia. Horizonte 2030, un documento único e pioneiro tanto a nivel nacional como internacional e que fai unha profunda análise da diversidade de bens inmobles, mobles e patrimonio inmaterial existente na comunidade. Recolle 100 medidas, converténdose nun instrumento que favorece a xestión integral deses vestixios e a súa difusión fóra da comunidade.  

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.