PUBLICIDADE

“Os maragatos da Porta de San Pedro” foi presentada no Centro de Interpretación “A Vila das Feiras” de Monterroso

Presentación da exposición

O Centro de Interpretación “A Vila das Feiras” de Monterroso acolle desde onte a exposición Os Maragatos na Porta de San Pedro, que organizan o Colectivo Egeria e a Fundación Pérez-Carro, e que estivo aberta anteriormente nas bibliotecas de Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela,  Pontevedra e Ourense.

A exposición, que estará en Monterroso ata o 14 de abril, foi inaugurada onte despois dunha pequena andaina polo Camiño dos Maragatos. No acto participaron Eloy Pérez Sindín, alcalde de Monterroso; Manuel Antonio Fernández Piñeiro, director territorial da Consellería de Cultura en Lugo; María José Gómez Alvite, responsable do Centro de Interpretación; María del Carmen Pérez-Carro García, en representación da familia  Pérez-Carro; e Xulio Xiz, presidente de Egeria.

PUBLICIDADE

A Mostra está composta por doce paneis -en galego e castelán- e dúas vitrinas con obxectos e documentos, e recolle un resumo da historia da familia Pérez-Carro, asentada en Lugo desde 1880, e o seu importante papel comercial e social na cidade no decurso destes 145 anos. Os contidos da exposición están recollidos no catálogo que se entregará gratuítamente aos visitantes.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.