A cuarta edición do Duatlón Val de Soneira reuniu no Concello de Vimianzo a un total de 205 participantes procedentes de distintos puntos da xeografía galega. Esta proba celebrada no municipio coruñés reafirmase, cada ano, como cita ineludible no calendario deportivo en Galicia, sendo puntuable para o Circuíto Galego de Duatlón de Estrada.
Sara Guerrero e Jarno Pousada convertéronse este pasado sábado 3 de maio nos grandes gañadores do IV Duatlón Val de Soneira. Jarno Pousada (SUB23 masculina), do Club Cidade de Lugo Fluvial, foi o primeiro en cruzar a liña de meta facendo un tempo total de 0:52:17. A segunda posición na categoría masculina obtívoa Iván Puentes (da categoría Absoluta), que concluíu con 0:52:39.

Por outra banda, Sara Guerrero (categoría Absoluta feminina), do A. D. Náutico de Narón, atravesou a meta facendo un tempo de 1:01:35. Na categoría SUB23 feminina, a primeira posición recaeu nas mans de Gabriela Quintas, do Club Deportivo Delikia.
