PUBLICIDADE

Vimianzo abrirá as Residencia Paraíso 2025 co proxecto ‘Open call’ de Antón Yanguas

Na súa residencia, que levará a cabo na Casa da Cultura de Vimianzo, Yanguas aborda o mundo das convocatorias artísticas e a exposición continua da figura do bailarín

As Residencias Paraíso – un programa anual de residencias artísticas para a danza e as artes vivas – contan xa coas e cos artistas seleccionadas para a súa 9ª edición, que se desenvolverá ao longo deste 2025 en 8 espazos de toda Galicia. Entre os 179 proxectos recibidos nesta convocatoria, o Colectivo RPM vén de seleccionar a Antón Yanguas, Euyín Eugene, Isabel do Diego, Natalia Fernandes & Marta Azparren, Suevia Rojo, Rocío Bello & Javier Hernando, Bal Castro e Isolda Comesaña como ‘Artistas Paraíso 2025’.

RPM abrirá o programa na Casa da Cultura de Vimianzo coa residencia do creador galego Antón Yanguas, que estará traballando no proxecto de investigación titulado Open Call. Neste proxecto, Antón aborda o mundo das convocatorias artísticas e a exposición continua da figura do bailarín.

PUBLICIDADE

O proxecto, impulsado por RPM, conta co financiamento da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, e das distintas institucións coprodutoras do programa: Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Concello de Vimianzo, Concello de Carballo, Concello de Corcubión, MIT (Concello de Ribadavia) e Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.