PUBLICIDADE
Ximnasio de Vimianzo

O Concello de Vimianzo vén de adxudicar a xestión do ximnasio municipal á empresa Dafit Entrenamiento Personal y Ocio, que se encargará do servizo a partir do vindeiro 1 de decembro co obxectivo de mellorar a calidade e a experiencia das persoas usuarias.

O concelleiro de Deportes, Sergio Miñones, e os socios fundadores da empresa, Daniel Lema e Damián Espasandín, asinaron esta semana o contrato que regula o novo modelo de xestión.

PUBLICIDADE

Entre as principais novidades destaca a ampliación do horario, que suma 10 horas semanais. As instalacións permanecerán abertas de 7:30 a 14:30 e de 15:30 a 22:30 horas, facilitando así que se poida adestrar máis cedo e con maior comodidade.

Ademais, o novo servizo incorpora actividades dirixidas como pilates e ioga dúas horas á semana durante os 12 meses do ano, fronte aos 8 que se ofrecían anteriormente. Ademais, realizarase unha atención máis personalizada, mellorando o asesoramento das persoas usuarias.

No referente ás tarifas, mantéñense os prezos actuais: a matrícula custa 10 euros; o abono individual adulto 20 euros e o especial 15 euros; a entrada de día adulto custa 3,50 euros e a especial 2,50. As actividades dirixidas (2 horas semanais) teñen un prezo de 10 euros por actividade.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.