PUBLICIDADE

Vimianzo desprega o Pendón que marca a conta atrás para o Asalto ao Castelo 

O Pendón coa cabeza do lobo xa colga do Castelo de Vimianzo marcando a conta atrás para o seu Asalto

O acto marca o inicio oficial do Período Irmandiño, que culminará coa representación do ataque á fortaleza.

O Pendón coa icónica cabeza de lobo dos Moscoso xa pendura da Torre da Homenaxe do Castelo de Vimianzo. Iso é un símbolo inequívoco de que comeza a conta atrás para unha nova edición do Asalto ao Castelo, que terá lugar os días 4 e 5 de xullo. 

Un ano máis, este acto, no que participaron a alcaldesa, Mónica Rodríguez, o deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, e representantes das asociacións Cherinkas e Axvalso, marca o inicio oficial do Período Irmandiño, que culminará coa representación do ataque á fortaleza.

PUBLICIDADE

Durante esta celebración, o municipio mergúllase de cheo na historia con múltiples actividades para todos os públicos que se estenden ao longo de todo o mes. Os días fortes da celebración comezan o venres 4 coa Cea Medieval, que estará amenizada por Suso Xornes e Lupe Blanco, así como coa Cé Orquestra Pantasma. Tamén haberá queimada a cargo de Miguel Queiro. 

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, o deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, e representantes das asociacións Cherinkas e Axvalso asistiron ao despregue do Pendón

Coa chegada da noite do propio venres comezarán os concertos, protagonizados por Che Sudaka, Monoulious DOP e Yava DJ. Na noite do sábado, día 5 de xullo, Alana e The Rapants (22:00 horas) servirán de antesala ao gran Asalto ao Castelo, que terá lugar ás 23:30 horas. Posteriormente, continuarán Heredeiros da Crus, Firkin e Mekánica Rolling Band.

Sinalar que a festa, declarada de Interese Turístico de Galicia, inclúe tamén unha oferta gastronómica singular cos xa tradicionais Pinchos Irmandiños.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.