A mostra pódese visitar na Casa da Cultura ata o vindeiro 30 de outubro
“Hoxe preséntovos algunhos recunchos, dos moitos que ten o noso Lousame”, iniciaba así o pintor Juan Carlos Lorenzo, veciño de Tállara na innauguración da exposición Sempre con Lousame.
A mostra, a segunda do artista, compóñena un total de trinta lenzos con fermosas paisaxes do municipio, e que se pode visitar ata o vindeiro 30 de outubro na Casa da Cultura de Lousame.
Durante a presentación, Lorenzo agradeceu ao Concello a súa colaboración, nun acto que contou coa presencia da alcaldesa, Teresa Villaverde; a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, así como os técnicos culturais Eduardo Agraso e Teté Buján. O autor extendoeu os seus agradecementos á súa familia, aos seus compalñeiros de Son do Pote, “en especial a Carlos que nos deixou hai pouco e a todo Lousame que tanto me deu”, incidiu.