O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez Sindín, asina o convenio enviado pola Universidade de Vigo de cooperación educativa para a realización de prácticas académicas externas por parte do estudantado universitario.
O acordo, cunha vixencia de catro anos, permitirá ao Concello de Monterroso acoller estudantes da Universidade de Vigo para realizar prácticas académicas externas, co obxectivo de facilitar a súa preparación para o exercicio profesional e a futura inserción laboral.
Unha iniciativa que reforza a colaboración entre ambas institucións no ámbito da formación universitaria.



