PUBLICIDADE

A arte balear chega no mes de maio ao Museo Man e ao Faro Vilán con dúas exposicións

Estará na sala de exposicións do faroA Exposición Cestos - Senalles chega ao Cabo Vilán o 3 de maio

A mostra ‘Cestos – Senalles’ estará na sala de exposicións do faro do 3 ao 30 de maio mentres que o Museo Man de Camelle acollerá ‘Mujeres en la india’ desde o 3 ao 31 de maio.

O Museo Man de Camelle e a sala de exposicións do Faro Vilán acollerán durante todo o mes de maio dúas exposicións nas que se poderán apreciar diferentes expresións da arte balear. Ao faro chega a mostra ‘Cestos-Senalles’ mentres que ‘Mujeres en la india’ estará no museo.

Ambas exposicións están organizadas polo Concello de Camariñas e chegan á vila da man das asociacións Art amb B e Ambaca, a través do Instituto de Estudios Baleáricos.

PUBLICIDADE

Por un lado, a sala de exposicións do Faro de Cabo Vilán albergará, do 3 ao 30 de maio, a exposición ‘Cestos-Senalles’, unha mostra colectiva de 24 cestos artesanais intervidos por artistas mediterráneos. A cesta, un elemento que foi substituído por bolsas de plástico, serviu como elemento inspirador para os artistas, creando a partir dunha obra de artesanía unha verdadeira obra de arte. 

A exposición Mujeres en la India chega a Camelle o 3 de maio

Por outra banda, o Museo Man de Camelle acollerá, do 3 ao 31 de maio, a exposición ‘Mujeres en la india’, onde 8 artistas de Ibiza (Aphon, Carmen Liberal, Lina Ardinach, Marga Juan, Marga Guasch, Matilde Hernández, Pilar Cuesta e Patricia Boned) amosan as súas obras inspiradas na súa estancia na Fundación Vicente Ferrer en Anantapur (India), acompañadas pola poeta Yolanda Bonet.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.