PUBLICIDADE

Mónica Rodríguez recibe ao club Dousxsetenta polo seu 15 aniversario

Tres dos arqueiros recoñecidos polos seus éxitos durante a recepciónA alcaldesa Mónica Rodríguez con membros do club Dousxsetenta

A alcaldesa de Vimianzo acolleu na Casa da Cultura ao club de tiro con arco así como recoñeceu a tres dos seus arqueiros polos seus éxitos.

A Casa da Cultura de Vimianzo acolleu na mañá do domingo 27 de abril a recepción ao club Dousxsetenta de tiro con arco. Unha institución que neste 2025 cumpre 15 anos de vida. Ademais, Mónica Rodríguez, alcaldesa da localidade, recoñecía nomeadamente os éxitos de tres dos seus arqueiros: Yago Rellán, Nico Soto e Paula Vázquez. 

A mandataria municipal trasladaba en nome do Concello os “parabéns ao club Dousxsetenta polos seus 15 anos de traxectoria. Estamos orgullosos de celebralo xuntos”, declaraba durante a recepción. A rexedora comentou que “como alcaldesa, deséxovos moitos máis anos de éxitos, compromiso e paixón polo tiro con arco. Que sigades sendo un orgullo para o noso concello. En hora boa, familia”. 

PUBLICIDADE

Os logros dos tres arqueiros recoñecidos son os seguintes: Yago Rellán, acadou a medalla de bronce no Campionato de España de tiro con arco en sala, Paula Vázquez, fíxose coa de  ouro no Campionato Galego de tiro con arco en sala, e Nico Soto, colgou do pescozo a medalla de bronce no Campionato Galego da citada disciplina. Todos eles están adestrados por Víctor Santos, técnico de Deportes do Concello de Vimianzo, que estivo tamén presente na recepción, así como unha ampla representación de integrantes do club Dousxsetenta. 

Tras o acto, a xornada seguiu para o club cun xantar no que se festexou ese 15 aniversario da entidade deportiva. 

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.