O Concello de Camariñas vén de publicar a súa programación de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas de 2025, que se dedica ás cantareiras e á poesía popular. Trátase dunha planificación diversa e que contén opcións para todas as idades.
Así, hai axendadas actividades para os días 15, 16 e 17 de maio. Para comezar, o martes 15 de maio na biblioteca municipal haberá dous contacontos: ás 12:30 horas ‘Caixa, caixiña, caixón’, de Andamiaxe, unha proposta que conecta contacontos e obradoiro dirixida a nenos e nenas de 6 a 10 anos; e ás 17:30 horas ‘Carme, a cantareira’, tamén de Andamiaxe.
Por outra banda, o mércores 16 de maio ás 11 horas hai outro contacontos na biblioteca: ‘Estás como unha cabra’, por Noelia Porto, dirixido a nenos e nenas da Escola Infantil.
Por último, o propio mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas, na Casa de Pedra haberá diferentes actos: ás 19 horas actuación de cantareiras As Cansorriñas e Mar Devalado; ás 19:30 horas entregaranse os premios do certame literario Letras Galegas 2025; e ás 20 horas, para rematar a xornada festiva, haberá a representación teatral ‘Sol fuerza’ por Antena Teatro.