PUBLICIDADE

Cabana de Bergantiños celebra as Letras Galegas cunha programación variada e completa

O Auditorio de Cabana de Bergantiños acollerá a varios artistas e grupos para festexar as Letras Galegas

O Concello de Cabana de Bergantiños vai celebrar o Día das Letras Galegas, o vindeiro sábado 17 de maio, cunha programación completa e variada. O acto conmemorativo, que reunirá a distintos grupos, corais, asociacións e personalidades, terá lugar no Auditorio Municipal da localidade. Será o propio sábado desde as 11:00 horas.

O acto estaba inicialmente previsto na Escola de Vela pero, debido ao elevado número de inscricións no mesmo, o Concello tivo que trasladar o evento ao Auditorio Municipal. Por este motivo, amplíase o prazo de inscrición ata o xoves 15 de maio ás 14:00 horas. As persoas interesadas en asistir poden anotarse chamando á casa consistorial, ao número de teléfono 981 754 020.

PUBLICIDADE

Así, dende ás 11:00 da mañá do día 17, as persoas que acudan ao Auditorio poderán desfrutar dunha xornada festiva e moi variada coas actuacións da Coral San Martín de Canduas, a Coral de Cesullas, o Son de Cabana ou as Cantareiras de Anos. Tamén participarán no evento a Escola Municipal de Teatro, a poetisa cabanesa Matilde Vilariño, a Xunta local da AECC de Cabana ou os Cáritas de Cesullas, Canduas e Borneiro. Ademais, Pablo Díaz e Icía interpretarán ‘O Cancioneiro de Cabana de Bergantiños’.

Polo tanto será unha xornada das Letras Galegas completa na que a participación de formacións locais, asociacións e grupos de canto, baile e música porán a nota festiva.

A clausura da Escola Municipal de Teatro porá o fin de festa polas Letras Galegas

Por último, o propio sábado 17, a guinda do pastel a porá a Escola Municipal de Teatro coa súa clausura. Dende as 17:00 horas da tarde, tamén no Auditorio Municipal, o público asistente poderá gozar do mellor teatro cabanés.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.