PUBLICIDADE

Máis de 700 veciños e veciñas danse cita na XXIV Xuntanza dos Maiores de Cabana de Bergantiños

A XXIV Xuntanza dos Maiores de Cabana de Bergantiños reuniu a máis de 700 veciños e veciñas

O polideportivo municipal de Cabana de Bergantiños acolleu este sábado 10 de maio a máis de 700 veciños e veciñas, maiores de 65 anos, con motivo da XXIV Xuntanza dos Maiores organizada polo Concello.

No momento do xantar, reluciu o ambiente ameno e a interacción entre os e as comensais. Despois da comida, non faltou a festa habendo un momento para o baile. Foi esta unha xuntanza que tampouco quixeron perderse o alcalde da localidade coruñésa, José Muíño, nin os membros da corporación municipal.

PUBLICIDADE
O alcalde de Cabana, José Muíño, intercambiou palabras cos asistentes durante o xantar

Desde o goberno local expresaron o seu agradecemento a todas as persoas asistentes a unha iniciativa nacida precisamente para facilitar o encontro entre os veciños e as veciñas de maior idade de Cabana.

 “Honrar, respectar e darlle a importancia que as persoas maiores merecen, son as razóns que levan a manter esta xuntanza ano tras ano. A resposta da cidadanía é sempre admirable, e é por iso polo que seguiremos mantendo estes encontros”, sinalan dende o executivo local.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorCrónicas da Comarca

Redacción. Toda a información de actualidade da túa comarca.